Premios FotoFeitoAMan 2012

Xa temos as 5 fotos máis votadas no concurso FotoFeitoAMan 2012.
Feito A Man co obxectivo de ampliar a comunicación cos espectadores abriuse este ano a miradas alternativas coa organización dun concurso de fotografía coa temática Feito A Man, de forma que os espectadores puideran ser participantes artísticos e creativos e tamén, activos na elección dos gañadores.
As imaxes gañadoras foron seleccionadas grazas aos votos da comunidade de amigos do festival no seu facebook feito.man.1. Cada participante no concurso e autores das imaxes, tiña a posibilidade de optar a un máximo de dous premios dos outorgados, en orde de maior a menor votación.
Queremos agradecer a todos os participantes a súa orixinalidade, creatividade e calidade na súa achega ao concurso.
Presentáronse un total de 43 imaxes realizadas por 5 participantes diferentes. Emitíronse un total de 1988 votos, resultando as imaxes gañadoras as seguintes:
1º Premio de 200 € para a Foto nº 4 da serie presentada por Yolanda Martínez Cores, que acadou un total de 139 votos.
2º Premio de 150 € para a Foto nº 4 da serie presentada por Jorge M. de la Calle, que acadou un total de 114 votos.
3º Premio de 100 € para a Foto nº 9 da serie presentada por Jorge M. de la Calle, que acadou un total de 110 votos.
4º Premio de Bono 1 consumición en cada un dos locais organizadores do Festival a consumir durante un mes, para a foto nº1 da serie presentada por Fabio Barberini, que acadou un total de 99 votos.
5º Premio de Bono 1 consumición en cada un dos locais organizadores do Festival a consumir durante un mes, para a Foto nº 2 da serie presentada por Yolanda Martínez Cores, que acadou un total de 76 votos.
A entrega dos premios realizarase o día 4 de Outubro ás 20.30h da tarde na Casa das Crechas, onde se proxectarán todas as fotografías presentadas ao concurso. Estades todos invitados a asistir.
Parabéns aos gañadores e grazas a todos por participar coas súas imaxes ou cos vosos votos nesta 1º Edición de FotoFeitoAMan 2012. Fe na Festa!!
1º premio- Yolanda Martínez Cores
1º premio. FotoFeitoaMan2012.  Yolanda Martínez Cores  (4)
2º premio- Jorge M. de la Calle
2º premio. FotoFeitoaMan 2012. Jorge de la Calle (4)
3º premio- Jorge M. de la Calle
3º premio. FotoFeitoaMan 2012. Jorge de la Calle (9)
4º premio- Fabio Barberini
4ºpremio. FotoFeitoaMan2012. Fabio Barberini (1)
5º premio- Yolanda Martínez Cores
5º premio. FotoFeitoaMan2012.  Yolanda Martínez Cores  (2)

Parabéns a todos os participantes!

Anuncios

Finalizado o proceso de votación do concurso FotoFeitoAMan 2012. Grazas a todos!

Pechado o proceso de votación para a elección dos gañadores de FotoFeitoAMan 2012. Xa non se admitirán máis votos. Grazas a todos! Grazas aos participantes no concurso e a vós por decidir e acompañarnos neste primeiro FotoFeitoAMan 2012. En breve comunicaremos os gañadores. Felicidades por adiantado!

A piques de rematar a elección das imaxes gañadoras de FotoFeitoAMan2012

O prazo de votación para escoller as fotos gañadoras de FotoFeitoAMan 2012 remata o día 12 ás 12.00h do MEDIODÍA, ainda tedes tempo, vós decidides!
http://www.facebook.com/media/set/?set=a.414089725314612.93119.100001407637713&type=3

Así foron algún dos concertos de Feito A Man 2012

Mentres seguimos votando as mellores fotos do concurso FotoFeitoAMan 2012 na galería de imaxes do noso facebook (premede “me gusta” para escoller as gañadoras!) http://www.facebook.com/media/set/?set=a.414089725314612.93119.100001407637713&type=1, recordemos algunhas das actuacións da X Edición do Festival. A TVG acompañounos con Wolrus, Pascuala Ilabaca, Moonjackets, e Marcos Teira na Noites en Cervantes.Sons da Cidade Vella do día 22. Aquí vos deixamos os links!

http://www.crtvg.es/informativos/continua-ata-o-25-de-agosto-o-festival-feito-a-man-391530

http://www.crtvg.es/informativos/the-moonjackets-ofreceron-un-concerto-dentro-do-festival-feito-a-man-402169

http://www.crtvg.es/informativos/actuacion-do-marcos-teira-trio-no-festival-feito-a-man-402986

http://www.crtvg.es/informativos/actuacion-de-los-julianes-no-festival-feito-a-man-397804

A elección das fotos gañadoras do concurso FotoFeitoAMan2012, está nas vosas mans!

Seguimos votando as mellores fotos do concurso FotoFeitoAMan2012. Premede “me gusta” para decidir as imaxes gañadoras, está nas vosas mans! http://www.facebook.com/media/set/?set=a.414089725314612.93119.100001407637713&type=1
Queremos recordar que a selección dos gañadores será a través da votación dos espectadores e amigos do Festival no seu facebook http://www.facebook.com/feito.man.1 /para facilitar o maior número de votos, e igualdade de oportunidade para todos os participantes.
O proceso de votación durará 15 días e rematará o día 12 de setembro. Cada espectador poderá votar tantas fotos como desexe, pero unha única vez por cada imaxe. En caso de detectarse duplicidade de votos, dito voto quedará inmediatamente anulado.
Cada participante no concurso e autores das imaxes, poderán optar a dous premios dos outorgados.
Por último, rogamos respetedes a autoría e traballo dos participantes no uso das imaxes. Feito A Man poñerá en contacto a todo aquel que o solicite cos autores das mesmas para facilitar a comunicación entre os interesados e a súa difusión.
A Votar!!!!!!!!!!

JORGE DE LA CALLE

FABIO BARBERINI

YOLANDA MARTÍNEZ CORES

CLARIDAD RODRÍGUEZ PAZO

AGUSTÍN IGLESIAS OTERO

Concurso Fotografía FotoFeitoAMan2012

Feito A Man co obxectivo de ampliar a comunicación cos espectadores ábrese a miradas alternativas coa organización dun concurso de fotografía coa temática Feito A Man, de forma que os espectadores poidan ser participantes artísticos e creativos e tamén, activos na elección dos gañadores.
Aquí tedes a galería de imaxes das fotografías admitidas ao concurso FotoFeitoAMan 2012! Grazas a todos por participar!
Queremos recordar que a selección dos gañadores será a través da votación dos espectadores e amigos do Festival no seu facebook http://www.facebook.com/feito.man.1 / http://www.facebook.com/feito.man.1#!/media/set/?set=a.414089725314612.93119.100001407637713&type=1
, para facilitar o maior número de votos, e igualdade de oportunidade para todos os participantes.
O proceso de votación durará 15 días e rematará o día 12 de setembro. Cada espectador poderá votar tantas fotos como desexe, pero unha única vez por cada imaxe. En caso de detectarse duplicidade de votos, dito voto quedará inmediatamente anulado.
Cada participante no concurso e autores das imaxes, poderán optar a dous premios dos outorgados.
Por último, rogamos respetedes a autoría e traballo dos participantes no uso das imaxes. Feito A Man poñerá en contacto a todo aquel que o solicite cos autores das mesmas para facilitar a comunicación entre os interesados e a súa difusión.
Boa sorte a todos os participantes e a Votar!!!!!!!!!!

AGUSTÍN IGLESIAS OTERO

<a

CLARIDAD RODRÍGUEZ PAZO

YOLANDA MARTÍNEZ CORES

FABIO BARBERINI

JORGE M. DE LA CALLE

Piano Cocktail Bar Show na Matiné embora. Desde as 13.30h

O Festival de creación emerxentes Feito A Man chega ao seu final coa Matiné Embora, ás 13.30 na Rúa Tras San Fiz de Solovio. Concepto de festa, reunión ao carón dun aperitivo e espectáculo nas primeiras horas da tarde. Programación desde a mañá para gozar de espazos e propostas escénicas para todos, nun ambiente común e de celebración. Nesta última Matiné Embora contaremos coa actuación de Mr. Cool e Manolo Gutiérrez.

Mr. Cool e Manolo Gutierrez
voz e piano
Piano Cocktail Bar Show

Sesión vermú na Casa das Crechas a cargo destes dous músicos clásicos do circuito picheleiro.
Temas de sempre do blues, jazz e soul revisados e versionados para este Feitoamán 2012 dende a voz de Ramón Orencio (Cool Hamsters, Aló Djangó, Ruso Negro, Fratelli Negroni…) acompañado ó piano por o mestre Manolo Gutiérrez (Sumrrá, Víctor Aneiros Blues Band..)

Los Chavales e D.J Sprocket, no Pub Ultramarinos. 21.00h

LOS CHAVALES- VERSIÓNS DE CONXUNTOS ESPAÑOIS DOS SESENTA.
Los Chavales e D. J Sprocket actuarán hoxe no Pub Ultramarinso na rúa Casas Reais ás 21.00h

Los Chavales son Tato, Bibi, Toni e Fonso, músicos habituais da escena compostelá, que tras reunirse en marzo de 2009 deciden montar un grupo de versións de conxuntos españois dos anos sesenta. Con tan divertido propósito formaron un repertorio de máis de 30 cancións clásicas (Brincos, Bravos, Salvaxes, Lone Star, Berros…) que presentaron en diferentes salas e festivais de Galicia (Nasa, Capitol, La Fábrica de Chocolate, Mar de Fondo, Felipop, Brincadeira) dende o verán de 2009.
Os seus concertos foron saudados polo público como experiencias cheas de diversión, baile a gogó e emoción. En novembro de 2010 cumpren un dos seus sonos: compartir táboas con Los Salvajes, aos que versionean con profusión dende que formaron o grupo. Fonso chega a ser invitado ao escenario polo mesmo Gaby Alegret para cantar xunto a eles o tema clásico El Don Juan, para delirio do público da súa cidade, Compostela.
O seu primeiro EP de catro temas xa é unha realidade. Especialmente concibido para os afeccionados ao vinilo, está composto de clásicos de Love, Birds, Beatles e Sonics adaptados ao castelán pola propia banda.
Los Chavales participan en setembro de 2011 no festival Rock In Way, no cal comparten escenario con lendas como The Specials, The Charlatans, Toy Dolls, Bad Manners ou Offspring.
En decembro asisten ao Mod Weekend The Beat Goes On de Gijón, primeira saída da súa Galicia natal, con grande éxito de público e crítica (Mondosonoro edición Asturias/Cantabria, xaneiro 2012)
O ano 2012 comeza en Noia para Los Chavales coa presentación do disco Cancións para tolos e soñadores. Unha homenaxe a Los Tamara, cambo seminal da música galega dos 60 e 70.
Tras pasar polo festival Pulpopop no Barco e o Modpit Meeting en León, as últimas noticias para o grupo preséntanos como finalistas da 1ª Batalla das Bandas que se celebrará en Gijón o próximo 4 de agosto no marco do festival mod e 60’s Euroyeyé.
Máis info:
http://www.myspace.com/oschavales
http://www.facebook.com/pages/Los-Chavales/222187142334

Offbeaters no Embora (interior) ás 20.00h

• OFFBEATERS. Rúa Tras San Fiz de Solovio,interior do Embora. 20.00h.

OFFBEATERS- REGGAE, SOUL E FUNK.

Desde Valencia, os Offbeaters decláranse adictos aos sons xamaicanos, o vinilo, o soul e a cervexa. Traen o auténtico son Early Reggae. Reggae, Soul, Funk e moito máis para crear así un son particular e fresco que desgastará os mellores zapatos de baile.

Máis info:
http://www.myspace.com/theoffbeaters

Cambios no lugar de celebración dos concertos programados para hoxe

Debido ao mal tempo, os concertos programados para hoxe mudan o lugar de celebración.

O concerto de Offbeaters das 20.00h será no interior do Bar Embora, na rúa Tras San Fiz de Solovio.

O concerto de Los Chavales e a Sesión D.J de Sprocket, serán no interior do Pub Ultramarinos na Rúa das Casas Reais, ás 21.00h.

A Festa continúa!